Santiago, 2 de maio de 2011. – O ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais, desenvolve unha liña de actuación sistematizada para o estudo estatístico do incidente das enfermidades profesionais en Galicia e a investigación das súas causas. Os datos correspondentes ao primeiro trimestre deste ano poñen de manifesto que nese período foron comunicados 330 partes de enfermidades profesionais, dos que 141 foron con baixa. Por sexos, 161 dos afectados eran homes e 169 mulleres.

Os sectores da industria e dos servizos son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais. Na industria se produjeron167 casos e nos servizos 135, seguidos da construción que rexistrou 19 partes, da agricultura con 6 partes e da pesca con 3 casos. No caso do sector servizos as notificacións afectaron en maior grao ao colectivo feminino e no caso das rexistradas no sector de industria, ao masculino. En ambos os dous casos, as patoloxías detectadas foron provocadas por axentes físicos, e máis concretamente lesións osteomusculares.

Por grupos de enfermidades, o maior número de casos foron debidos a axentes físicos, 254, dos que 104 foron sen baixa e das que as provocadas por posturas forzadas e movementos repetitivos no traballo supuxeron o maior número de enfermidades deste grupo e afectou maioritariamente ao sexo feminino; seguidos da inhalación de substancias e axentes non incluídos nos outros grupos con 39 casos, deles 25 sen baixa.

No grupo de enfermidades provocadas por axentes químicos houbo 21 partes, deles os 7 sen baixa; no de enfermidades da pel por substancias e axentes non comprendidos nos outros grupos comunicáronse 12 casos, deles os 5 sen baixa; de axentes biolóxicos houbo 3 partes, todos con baixa; e no grupo de axentes carcinóxenos houbo un único parte de enfermidade, con baixa.

Por provincias, o maior número de partes procedeu de Pontevedra, onde se notificaron 161, deles os 73 sen baixa. Na Coruña houbo 128 comunicacións, delas as 53 sen baixa. En Ourense rexistráronse 30 partes, dos que 10 foron sen baixa. E en Lugo houbo 11 casos, 5 sen baixa.

Esta recompilación sistematizada de datos serve ao ISSGA para analizar, investigar e avaliar as causas e factores determinantes das enfermidades profesionais e priorizar o asesoramento técnico, as campañas de divulgación e sensibilización e a temática das xornadas técnicas, en función dos sectores de actividade afectados e das patoloxías máis frecuentes, como é o caso das enfermidades osteomusculares.